O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abriu no 2012 o Concurso Imaxes con Fondo coma ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.

Neste 2014 ábrese unha nova edición do Concurso Imaxes con Fondo, que pretende combinar palabra e imaxe defendendo a necesidade de pensar no mundo da velocidade. Desde o 24 de abril e até o 15 de novembro a II edición de Imaxes con Fondo permanecerá aberta.

No tempo que permaneza aberta esta edición promoveremos a participación e a reflexión sobre as imaxes e as palabra, por medio de 9 Aulas Maxistrais (ou Master Class) en fotografía social impartidas por Gabriel Tizón e 7 Obradoiros (de 3 sesións cada unha) por Rober Amado. Todas as actividades realizaranse en Concellos socios do Fondo Galego. Procura na Axenda!

Si es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e gañar un premio. A actividade ‘Imaxes con Fondo’ encádrase no Plan de Sensibilización 2014 do Fondo Galego de Cooperación, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

O obxectivo principal del concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’ é unha actividade de sensibilización que impulsa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O certame está dirixido á cidadanía galega ou residente en Galicia a partir de 14 anos co obxectivo de promover a reflexión sobre a temática da solidariedade e a responsabilidade da nosa sociedade na construción dun contexto mundial máis xusto e equitativo.

O prazo de presentación dos traballos é do 24 de abril ao 15 de novembro de 2014. Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Haberá dúas categorías:
– Dos 14 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
– Dos 18 anos en adiante: categoría adultas/os

Haberá tres premios por categoría. Os premios serán os seguintes:
Para a categoría xuvenil:
1º Premio: Cámara fotográfica valorada en 450€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.
2º Premio: Unha cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.
3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.

Para a categoría adultas/os:
1º Premio: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a Nicaragua, a xunto o noso parceiro, a ONGD INPRHU- Somoto, co que o Fondo Galego leva desenvolvidos numerosos proxectos de cooperación ao desenvolvemento desde o ano 2003. A viaxe ten como obxectivo o compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2015 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe, no que tamén se especificará a calidade e cantidade das mesmas.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150 Euros
3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60 Euros.

Consulta as bases: Imaxes con Fondo. Más información en: Imaxes con Fondo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Steve Dominguez
Redactor de QHV

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Autor:
Redactor de QHV
Publicado el: 11/09/2014

Destacado