1º concurso de fotografía da Reconquista de Vigo. O Museo Liste de Vigo convoca o I Concurso Fotográfico “A Reconquista” 2014.

Este concurso pretende fomentar a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar a grande riqueza histórica e etnográfica desta conmemoración.

A temática do concurso xira arredor da festa da Reconquista Viguesa 2014 que terá lugar os días 28, 29 e 30 de marzo de 2014. Non se admitirán fotografías de edicións pasadas. Aquí tedes o programa da Reconquista de Vigo 2014.

Todo o mundo pode participar, máximo 3 fotografías a presentar por autor.

Presentación das obras e identificación:
Podes presentar as fotos en papel ou en formato dixital, de varios xeitos, o máis cómodo é a través do correo electrónico,(didactica@museoliste.org) cunha resolución de 300 ppp. Nada de fotomontaxes!
Datos requeridos:
Nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código postal,poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de contacto. Xunto a cada imaxe figurará o título da mesma.

Categorías:
Establécense dúas categorías de participación:
1º categoría: participantes ata 18 anos.
2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.

Premios:
Establécense 3 premios por categoría. Os autores das obras seleccionadas recibirán unha figura conmemorativa e
a exposición da súa obra durante 15 días na sede da Fundación Liste -Museo Etnográfico de Vigo.

Prazo de admisión de obras:
Ata o 7 de abril de 2014.

Selección de obras, xurado e fallo:
O xurado que seleccionará as obras gañadoras estará formado por expertos en fotografía, membros do Padroado da Fundación Liste e persoal técnico do Museo. O fallo será publicado na páxina web do Museo e en prensa a partir do 15 de abril.

Isto so un resumen, participar require que leas atentamente tódalas bases, para iso deíxote o pdf adicado para a ocasión. Bases concurso fotográfico Reconquista de Vigo 2014.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 27/03/2014

quehacerenvigo.es

Destacado