Sacade a cámara e a recoller os símbolos representativos da cidade, o museo Liste convoca iste novo concurso de fotografía.

O Museo Liste convoca o III Concurso de Fotografía co que se pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. “Vigo: símbolos da cidade” é o tema elixido para este ano coa intención de recoller aqueles símbolos que os cidadáns consideran representativos da cidade olívica. Prazo de admisión das obras ata o 3 de maio de 2016 ás 14:00 h.

Bases do concurso de fotografía:

As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:
– Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
– Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
– Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

2. Temática: “Vigo: símbolos da cidade”. O tema elixido para este ano ten a intención de recoller aqueles símbolos que os cidadáns consideran representativos da cidade olívica.

3. Participantes e número de obras: poderá participar todo aquel que o desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.

4. Categorías: establécense dúas categorías de participación:
1º categoría: participantes ata 18 anos. 2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.

5. Premios: establécense 3 premios por categoría. Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.

A entrega de premios e a inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 h. na sede do Museo.

6. Presentación das obras, identificación e envío: As fotografías serán enviadas por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual (un arquivo por fotografía). O seu tamaño deberá ser de 2362 x 3543 píxeles, ou ben 20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg. Non se admitirán fotomontaxes.

As fotografías serán enviadas en arquivo axunto cuxo nome será o título da mesma, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do participante que deberán incluír: categoría na que participan (idade se é menor de idade); nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de contacto; título da foto e lugar de realización da mesma.

O enderezo de envío é: didactica@museoliste.org. Será enviado correo de confirmación de recepción. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún concurso.

7. Prazo de admisión das obras: ata o 3 de maio de 2016 ás 14:00 h.

8. Selección de obras, xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por expertos en fotografía, membros do padroado da Fundación Liste e persoal técnico do Museo. O fallo será publicado na páxina web do Museo e en prensa a partir do 15 de maio de 2015.

9. Outros:
– Cesión dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras sempre que se mencione o autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de beneficio económico.
– Os autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse.
– O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes bases.
– En todo aquilo non previsto nestas bases, a Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo resolverá o que proceda.

10. Información: a través dos teléfonos 986244698 ou 986236767 e a través do enderezo didactica@museoliste.org.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 01/04/2016

quehacerenvigo.es

Destacado