Día de Rosalía de Castro en Vigo

Día de Rosalía de Castro en Vigo

Steve Dominguez
20/02/2014
    Datos del Evento:
  • 24/02/2014
    Fecha de inicio
  • 12:00
    Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

En febreiro de 2012, O Concello de Vigo declarou o 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía de Castro) como Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data e achegarnos a poeta e a súa obra vanse desenvolver en Vigo distintas actividades ao longo do vindeiro luns.

No auditorio municipal, a partir das 12:00, Fernando Pereira Bueno, autor do libro «Rosalía de Castro. Imaxe e realidade» , publicado por Edicións Xerais de Galicia, falaralle ao alumando de Bacharelato e da ESO sobre a iconografía da poeta. Ao longo da charla irá analizando «algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala»

Entre as 18:00 e as 19:30 da tarde haberá unha lectura de versos de Rosalía, á que invitamos a toda aquela persoas que se animen a lle «prestar» a súa voz as verbas escritas por Rosalía.

Ás 20:00 da tarde, teremos ocasión de escoitar a Fernando Pereira Bueno (presentado por Isaura Abelairas -concelleira de Normalización Lingüística- e Manolo Bragado -director de Edicións Xerais de Galicia- quen compartirá cos asistentes o seu saber sobre a iconografía rosaliana.

Todas e todos estamos invitados a participar. Más información en: Vigo En Galego.

Te puede interesar:

Carlos Tomico llega a Churrasqueria A Nosa Rúa de Beade con su show de magia este 25 de mayo a las 21:30
Ayuda a padres y profesionales sanitarios a combatir los bulos de salud en internet este 25 de mayo a las 9:30 en el Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Noche de comedia con Hard Party 2 a las 22:00 en Teatro AFundación de Vigo
School Tributo a Nirvana actuará en la Sala Point en Vigo a las 00:00 este 24 de mayo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.