Concerto V Aniversario Colectivo NÓS

Concerto V Aniversario Colectivo NÓS

O Colectivo NÓS cumprimos en setembro o noso V Aniversario de vida e actividade dentro da gran familia do celtismo e o celebraremos cunha festa concerto o venres 30 de novembro na Sala Masterclub de Vigo.

A festa do Colectivo NÓS

Na nosa festa tocarán os pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén os vigueses e celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido. Haberá sorteos e sorpresas entre todos os asistentes.

O prezo das entradas será de 5 euros en venta anticipada na Cervexería The Movie en Balaídos, e de 7 euros na billeteira o propio dia.

Vinde con nós a celebrar estes 5 anos de actividade xunto con moitos máis celtistas chegados de toda Galicia nunha festa rachada que promete será lembrada por moito tempo!

Máis información en www.colectivonos.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.