Venres 29 novembro ás 21 h. no café de catro catro (Rúa Gerona 16 Vigo) concerto na súa xira Galega de “european bridges”

European Bridges é un proxecto xoven, de músicos que se encaran a un tipo de música recoñecida en iberoamérica e que queren dar a coñecer e valorizar en circuitos europeos: temas de Guillerme Vergueiro, Ari Barroso ou Moacir Santos. Tamén teñen no repertorio temas de Herbie Hancock ou Joe Henderson. Decidiron aventurarse xuntos: un catalán, pianista, Pol Oñate. Un belga, batería, Antoon Kindekens. Un baixista e contrabaixista galego, Pablo Vidal.

Queren de portas cara dentro e tamén de portas cara fóra dicir en voz alta, que creen nuns referentes e nunha forma viva e alegre de entender a vida e polo tanto a arte. É unha tentativa de enaltecer a beleza do risco e a voz propia enriba e debaixo dun escenario. Queren traer a luz de baia ós ceos de Santiago, ou mezclar o silencio das rúas belgas e os ritmos brasileiros.
Buscan abrir fronteiras, cun único denominador común, a luz, a alegría e o amor, por este mundo que habitamos e a posibilidade immensa, este trampolín magnífico que espera cada mañan ó outro lado da porta da casa.

– Xoves 28. Santiago de Compostela. Borriquita de Belém. 22 h.
Venres 29. Vigo. Café de Catro a catro. 21 h.
– Luns 2. Pontevea. A Senra. 22 h. Con Carlos Blanco de invitado especial.
– Martes 3. Coruña. Johana’s Place. 22 h.
– Mércores 4. Lugo. Club Clavicémbalo. 23 h.

European

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 26/11/2013

quehacerenvigo.es

Destacado