Concerto de CORASONS en VIGO

Concerto de CORASONS en VIGO

Juan Carlos Nesta
12/02/2014
    Datos del Evento:
  • 13/02/2014
    Fecha de inicio
  • 21:00
    Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

ARTISTAS GALEGOS E LUSÓFONOS REÚNENSE EN VIGO NO CONCERTO DOS CORASONS

O colectivo CoraSons volverá reunirse mañá, xoves 13, en Vigo para celebrar un novo concerto no Auditorio Municipal, a partir das 21:00 horas. Coincide este espectáculo na semana na que se conmemora o aniversario da posta en marcha desta singular iniciativa transfronteiriza entre Galicia e os países lusófonos.

Xurdiu hai un par de anos co gallo do día nos namorados na Casa das Crechas, onde se expuxo unha colección de fotografías da portuguesa Isabel Leal nas que a forma e a simboloxía do corazón era o nexo común. Na liña dese fío condutor, a mostra completárase cunha actuación musical na que participaron Uxía e outros artistas interpretando un repertorio de clásicos.

Logo de presentar CoraSons para o público de Pontevedra, A Coruña, A Illa e Santiago, este concerto en Vigo é o último dos previstos polo momento.

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.