PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE DOMINGO AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” NA CLAUSURA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

O músico Paco Nogueiras presentará este domingo 1 de xuño ás 19:00 horas, na Feira do Libro de Vigo (Praza de Compostela), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Tamén asistirá ao concerto o artista audiovisual vigués José Miguel Sagüillo, que dirixiu os vídeos musicais cos que se completa esta obra.

O libro-disco “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. As ilustracións, obra de David Pintor, permanecen expostas na libraría LIBROS PARA SOÑAR, onde se poderán visitar durante todo o mes de xuño.

Neste espectáculo, con entrada libre e de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.

MÁIS INFORMACIÓN DE “BRINCA VAI!” NA WEB DE KALANDRAKA

http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/brinca-vai/

NA PÁXINA DE “BRINCA VAI!” EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/BrincaVai

E NA PÁXINA www.brincavai.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 28/05/2014

quehacerenvigo.es

Destacado