Autor: colaborador
Publicado el: 30/06/2016

Concerto solidario para recadar fodos para Gatiños da Rúa. O venres 8 de xullo concerto de Cintaadhesiva e Alfeizar en La Fábrica de Chocolate.

Ficha del evento:
  • 08/07/2016
    Fecha de inicio
  • 22:00
    Hora de inicio
  • la fábrica de chocolate club
    Lugar del evento

Compartide, invitade a todos xs vosxs amigxs e non vos perdades este evento por nada do mundo! Sabemos do que falamos, será un concertazo!!!

Este evento está creado para recadar fondos para Gatiños da Rúa.
▪ Conseguimos que PROXECTO CELTACÁNS organice este evento con nós e poña un posto no concerto no que o recadado irá íntegro para Gatiños da Rúa.
▪ Conseguimos que dous pedazos de grupos, CINTAADHESIVA E ALFEIZAR, ensinen a súa arte para todos vós DE BALDE.
▪ Conseguimos que LA FÁBRICA DE CHOCOLATE deixe o local, TAMÉN DE BALDE, para facelo posible.

▪ FALTADES VÓS!!! O venres 8, apertura de portas ás 22h, na r/ Rogelio Abalde, 22.

Entrada (5€) en taquilla ou anticipada nos seguintes establecementos:
-EDYMAR, Buenos Aires, 2
-VEGETARIANO GÁLGALA Pracer, 4
-BAR PRINCESA, Praza da Constitución.

Sobre Ganiños da Rúa – Vigo:

Gatiños da Rúa é unha asociación, sen ánimo de lucro, creada para controlar as colonias de gatxs en liberdade na cidade de Vigo.

E se non podedes asistir e aínda así queredes colaborar podedes coller unha entrada para a fila 0 neses mesmos puntos.
Vémonos alí, non faltedes!!! Pasaremos lista.

cartel-facebook.jpg

Deja un comentario