“Tira do fío” é o lema do Día Mundial do Comercio Xusto que terá lugar con diferentes actividades o próximo sábado 9 de Maio en Vigo, na Rúa peonil do Calvario. A xornada destacará as inxustizas que esconde a elaboración de prendas téxtiles, un sector moi potente economicamente –só en Galicia cada persoa gasta ao ano 437 euros en roupa– e que exemplifica de maneira clara as consecuencias negativas da globalización e no que se producen numerosas violacións dos Dereitos Humanos.

Na nosa localidade, a celebración consistirá na exposición e venda de produtos de Comercio Xusto, complementada durante todo o día con diferentes actos;

Desfile por parte de voluntarios e voluntarias, de prendas e complementos de Comercio Xusto.
Desenrolo de obradoiros en relación ao Comercio Xusto e ao téxtil, para pequenos e maiores.
Degustación de produtos.
Actuación do grupo de baile “Danzas do Mundo”.
E outros actuacións coma pandereteiras, batukada ou capoeira.

A cita terá lugar frente o mercado do Calvario (Urzáiz peatonal) o 9 de Maio de 11 a 20h.

Ademais terá lugar a lectura do manifesto, ás 12 e ás 19 horas. Os actos están organizados pola REDE SOCIAL GALICIA SUR, e contará coa participación de PROCLADE, TALLER DE SOLIDARIEDADE, CÁRITAS, EMAÚS, SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA, OXFAM, FIARE E ALDEA CORPORATIVA.

tiradelhilo

Rúa Urzaiz, 183, Vigo, España

Un comentario en “Día do Comercio Xusto: tira do fío!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 05/05/2015

quehacerenvigo.es

Rúa Urzaiz, 183, Vigo, España

Destacado