Cinema Sticado representa ;»STRPTS // Fin de tempada»

Cinema Sticado representa ;»STRPTS // Fin de tempada»

colaborador
04/12/2018

O mércores 5 de Novembro, o colectivo Cinema Sticado presenta, ás 17h, a súa última creación «STRPTS // Fin de tempada».

A obra desenvolverase no teatro da Escola Audiovisual de Vigo (C/ Eduardo Cabello s/n). A entrada é libre para estudantes de audiovisuais, escénicas e outras artes ata completar aforo.

«STRPTS // Fin de tempada» é un espectáculo de cine ao vivo (ou tamén teatro multimedia, ou tamén teatro transmedia) que combina diferentes técnicas teatrais como obxectos, sombras e actores coa creación, manipulación e proxección en vivo de imaxe e son.

O colectivo Cinema Sticado -que recibíu o premio ao espectáculo máis innovador no Festival Animart de Polonia- continúa a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e na que calquera parecido coa realidade é plenamente intencionado. Ou non.

Te puede interesar:

Guerra civil, monteferro
Festival Pint Of Science en Vigo el 20 de mayo
El gran cantautor del panorama nacional, Manolo García, actúa el 17 de mayo en el Auditorio Mar de Vigo a las 21:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.