Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 21/11/2016

Semana de Cine Submarino no Teatro Afundación do 23 ao 25 de novembro. A vida do choco na Ría de Vigo, pecios profundos, tiburóns ou a serpe mariña xigante, na XXVI Semana de Cine Submarino de Vigo.

Ficha del evento:
  • 23/11/2016
    Fecha de inicio
  • 20:00
    Hora de inicio
  • Afundación
    Lugar del evento

As proxeccións son no Teatro Afundación ás 20 horas. Entrada libre. Organiza a extensión universitaria da Universidade de Vigo.

A Semana de Cine Submarino afondará nesta edición 2016 nas espedicións a pecios afundidos a gran profundidade, na diversidade de tiburóns que poboan os nosos mares e océanos, no comportamento e estratexias do choco na nosa ría, no ecosistema do océano na Illa da Palma ou na serpe mariña xigante, entre outro temas.

Este ano, o ciclo homenaxeará ao mergullador vigués Alexis Macía, que perdeu a vida o pasado mes de abril cando facía inmersións profundas, unha práctica na que era un especialista. A homenaxe terá lugar o xoves, 24 de novembro, coa proxección de Solopecios: memoria mergullada.

Programación da Semana de Cine Submarino 2016 en Vigo

MÉRCORES 23

TIBURÓNS: CAPÍTULO 1

A cinta afonda na enorme diversidade de quenllas que poboan os nosos mares e océanos. Ofrece imaxes de case 30 especies de elasmobranquios (tiburóns e raias) e foi rodada en todo o mundo. Inclúe escenas do tiburón branco ou o tiburón martelo, pero tamén inclúe algúns exemplares que nunca antes foran filmados, como as quenllas da familia dos orectolóbidos que habitan no Pacífico occidental ou o tiburón de Groenlandia. O filme fala destes animais como letais depredadores pero amosa tamén outros aspectos do seu comportamento como as exhibicións propias do cortello.

PICTURE SHOWS:  Great White Sharks in South Africa feed on fish and  fur seals and have evolved extraordinary senses to find their prey.
PICTURE SHOWS: Great White Sharks in South Africa feed on fish and fur seals and have evolved extraordinary senses to find their prey.

O CHOCO: BAIXO AS ONDAS DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Documental que afonda no dinamismo do ecosistema da enseada de San Simón, unha zona de alto interese ecolóxico debido á confluencia de auga doce e salgada. Concretamente, céntrase no choco, un molusco cefalópodo, que acode
anualmente a esta zona para realizar o desove. Tamén fala na cinta de que é neste lugar onde se capturan anualmente unhas 50 toneladas desta especie comercial.

O audiovisual achégase ás nosas especies e retrata o seu comportamento e estratexias que utilizan para reproducirse, para defender a súa descendencia ou para depredar, poñendo en valor, en todo momento, a riqueza natural das rías galegas e o compromiso de conservación do home. Esta riqueza supón, segundo reflicte a obra, un agasallo dun valor incalculable para a economía, gastronomía e cultura de Galicia.

Choco sobre fondo de lechuga de mar, ría de Vigo
Choco sobre fondo de lechuga de mar, ría de Vigo

XOVES 24

SOLOPECIOS: MEMORIA MERGULLADA

Peza que fala do traballo realizado durante anos por un grupo de mergulladores integrado en Solopecios (José Manuel Silva, Juan Montero, Alexis Macía e Unai Artaloitia) na procura, localización e identificación de pecios afundidos a gran profundidade nas costas galegas e vascas. A través da cinta, o espectador viaxará a localizacións únicas e asomarase, á historia deses barcos naufragados hai anos. O filme revela tamén a vida que se atopa ao redor deses esqueletos de aceiro que reposan sobre os fondos mariños.

Esta proxección rende homenaxe póstuma a Alexis Macía, integrante deste grupo, que finou o 23 de abril mergullando no pecio Mar de Marín, afundido a 52 metros de profundidade na boca da ría de Vigo.

solo-pecios3

LA PALMA: ILLA AZUL

Curto que retrata o patrimonio natural practicamente descoñecido da illa de La Palma, descubrindo o tornasol da súa fauna e flora. Fálase aquí do océano que atesoura baixo a súa superficie as Illas Canarias. Achégase as caprichosas formacións de rocha volcánica, as súas augas cristalinas nunha viaxe que invita ao espectador a ser cidadáns críticos e responsables co ecosistema.

ESPELLO LÍQUIDO

O espectador que afonda nesta cinta queda somerxido no misterio, beleza e orixes do océano e os seus moradores, a través unha combinación poética de imaxes, música e literatura. A cinta reflicte como a meirande parte da vida congrégase a uns poucos metros da superficie, nunha banda rica en nutrientes, o plancton. Pero tamén fala de como a vida é extrema no océano aberto, onde abondan os grandes depredadores e a comida é difícil de atopar. So aqueles que son quen de se adaptar a estas condicións teñen algunha esperanza de sobrevivir no baleiro azul.

Afonda tamén nas migracións dos tiburóns azuis que cruzan o Altántico de costa a costa nun recorrido de 4.000 km., ou nas doutras especies como as tartartugas, os cetáceos ou as mantas demo.

En definitiva, Espello líquido dános unha visión diferente do mar a través de pequenas historias duns seres únicos que souberon adaptarse a un mundo hostil, onde a vida e a morte se mesturan cada día.

VENRES 25

A SERPE MARIÑA XIGANTE

Céntrase nun estudio detallado dos máis grandes peixes óseos do mundo, o peixe remo xigante, máis coñecido como o rei dos arenques, que pode alcanzar os seis metros de lonxitude. A criatura detrás do mito da serpe do mar.

A cinta recolle a forma en qeu foi posible facer por primeira vez este estudo científico sobre un dos máis grandes peixes óseos do mundo que non é outra que a instalación de boias científicas mergulladas no abismo da costa da Riviera francesa para medir a cor da auga, e así controlar a frecuencia do plancto.

O REINO DOS NAUTILUS

Peza na que se amosan imaxes dunha expedición de Laurent Ballesta en mergullo profundo levada a cabo en Nova Caledonia e que se centra nos arrecifes de coral desta zona. Este traballo obtivo o Premio Alain Esteve á mellor realización técnica para un documental de aventura.

Cintas como esta que permiten o redescobremento dos habitantes nos profundos arrecifes de coral son posibles hoxe en día grazas á nova tecnoloxía dos recicladores (rebreathers), que permiten a inmersión de mergulladores como neste documental onde chegan a alcanzar a profundidade de -150 /-200 metros.

Cuttlefish (Sepia officinalis). Eastern Atlantic, Galicia, Spain
Cuttlefish (Sepia officinalis). Eastern Atlantic, Galicia, Spain

Deja un comentario