Certamen de Relatos: Vigo histórico

Certamen de Relatos: Vigo histórico

Juan Carlos Nesta
01/03/2016

O Certame Nacional de Relato «Vigo Histórico» -organizado pola Editorial Elvira coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a empresa Tressis e o Concello de Vigo- abriu o pasado venres o prazo de recepción de textos para a súa terceira edición, obras de estilo libre que deben transcorrer en Vigo, ser inéditas e non publicadas previamente.

O primeiro premio ten un recoñecemento de 1.000 euros e un Pack Elvira con libros desta editorial viguesa por valor de 200 euros. Igualmente, o xurado concederá cinco accésits, con 200 euros e o Pack Elvira como galardón. Os seis, así como outros relatos seleccionados, formarán parte dun libro («Relatos na Rúa») que será publicado no mes de decembro.

Organizadores, colaboradores e patrocinadores do Certame animaron a participación e salientaron o incremento rexistrado tanto no número de textos presentados (case 200 na edición do ano pasado) como na calidade dos mesmos.

Máis información e bases.

vigohistorico

Te puede interesar:

Stomp & Holler se celebra del 31 al 2 de mayo en diferentes locales de Vigo
Carlos Tomico llega a Churrasqueria A Nosa Rúa de Beade con su show de magia este 25 de mayo a las 21:30
Ayuda a padres y profesionales sanitarios a combatir los bulos de salud en internet este 25 de mayo a las 9:30 en el Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.