Chegábame o outro día o correo, información con actividades que se van a prodcir no C.V.C de Valladares ( Camiño do Pedregal, 6).

Teñen varias actividades, teatro, charlas,… pero a que máis chamoume a atención foi iste certame de improvisación oral.

Podemos vela definición de regueifa na wikipedia, pero para que os xóvenes entendan que é unha Regueifa eu lles diría que é o máis parecido a unha pelexa de galos no estilo de agora, o hip-hop.

A Wikipedia dí o seguinte:

regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coatenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.

¿Cándo?:

16 de Outubro. Incríbete enviando un correo a cvalladares@ctv.es ou oral@regueifa.org. ( Tes ata mañá para apuntarte, día 14 de Outubro)

Istes son os horarios:

De 12h a 14 horas. Obradoiros de iniciación á improvisación en verso.

19:00 horas. Apertura do acto con participante do obradoiro matinal.

19:15 horas. Regueifa poética coa obra de Lucía Aldao, María Lado,…

19:35 horas. Teatro improvisado con artistas da escena Compostelá.

20:00 horas: Irán pasando polo escenario diferentes improvisadores.

20:45 horas. Remate e despedida.

Charla sobre o Alzheimer:

Hoxe, Xóves 13 de Outubro as 16:30 da tarde no CVC Valladares.

Encontrei un vídeo en youtube que nos pode axudar a facer unha idea sobre os improvisadores.

Foto pandereta de juantiagues.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 13/10/2011

quehacerenvigo.es

Destacado