Celtilandia, Feira Nadal 2014

Celtilandia, Feira Nadal 2014

Juan Carlos Nesta
16/12/2014

A fundación Celta de Vigo ten preparado algo moi divertido para os rapaces. Celtilandia 2014 é un espazo na Estación Marítima de Vigo que terá inchables, actividades e xogos. Ista proposta de Nadal terá lugar entre o 20 e 31 de Decembro.

A Fundación Celta presenta unha interesantísima proposta de Nadal do 20 ó 31 de decembro na Estación Marítima de Vigo cargada de actividades, xogos e inchables para que tódolos rapaces e rapazas poidan pasar un día cheo de diversión e celtismo.

Disporemos dun espazo de 1300 metros cadrados na Estación Marítima de Vigo (á beira do Centro Comercial A Laxe), no que habilitaremos un gran centro de lecer destinado a grandes e pequenos.

Prezo das entradas 4€ persona/día.

O horario será de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Se ides pola mañá o sair póñente un selo para poder entrar pola tarde.
Os días 24 e 31 o horario será de 11:30 a 17:00 ininterrumpido.

O espazo constará de:
– Lugar de esparexemento infantil
controlados por dez monitores, consistente nunha zona deportiva, minicampo de fútbol, portaría inchable, mesa de ping-pong e canastra de baloncesto.
– Obradoiros
Pintura, escudos do Celta, globoflexia, chapas, etc., onde os nin@s aprenderán a crear eles mesmos diferentes produtos coa axuda dos monitores.
– Inchables
Bob esponxa (grande e pequeno), discoteca, futbolín humano, touro mecánico, inchable encantado. Cada un deles vixiado por un monitor.
– Escenario
Espectáculo diario(visita do Carteiro real, Micky, Minnie e festas temáticas).
– Equipo de son para música ambiente
– Espazo dedicado aos pais.

cartel celtilandia SERGIO con hinchable

Te puede interesar:

2 thoughts on “Fiesta Año Nuevo 2019 Tokio y Gatsby

  1. A Real Confraria da Cabra Velha gostaria de saber qual o email da Confradia del viño do Condado de Tea.
    Saudações gastronómicas
    O Real Provador

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.