Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 21/10/2016

Montes de Vigo organiza para o domingo 30 de outubro a Carreira Popular polos Montes de Vigo, que parte nesta ocasión desde Fragoselos.

Ficha del evento:
  • 30/10/2016
    Fecha de inicio
  • 00:00
    Hora de inicio
  • ¿qué hacer?
    Lugar del evento

A carreira de montaña terá un percorrido amable, próximo e fácil no que persoas de todo tipo cun mínimo de ganas de percorrer os montes poderán gozar dun reto ao alcance do gran público.

Montes de Vigo, o nome que agrupa ás 13 comunidades de montes de Vigo está preparado para abrirse ao uso social da cidade con sendeiros para gozar da montaña e moitas outras actividades. O percorrido da Carreira Popular é de 9,5 quilómetros por carreiros de pouca pendente, o que a converte nunha proba accesible para todos.

No marco desta mesma actividade, a outro ritmo tamén se estará celebrando o III Trail Montes de Vigo, no que os corredores máis experimentados de Galicia celebrarán a última proba para a clasificación anual da Copa Galega de Carreiras por Montaña dá FGM. Será pois, unha xornada para gozar do monte a todos os niveis, cun número de participantes previsto de 450 corredores/as.

A inscrición no veneto da dereito, ademáis da participación, a seguros de RC e Asistencia Sanitaria, avituallamentos de carreira e regalos varios. Tamén ó final do percorrido farase entrega dos premios ós primeros das distintas probas e aos campeóns da Federación Galega de Montañismo.

Deportistas especializados e amateurs poderán participar dunha auténtica festa na que gozar dos marabillosos camiños dos nosos montes. Sobes costas en Vigo? Entón estás preparado para gozar dá Carreira Popular.

trailmontesvigo

Deja un comentario