Autor: Steve Dominguez
Publicado el: 22/12/2015

O 54º Gran Premio Pedestre do Nadal, ou Carreira do Pavo 2015 de Vigo, terá lugar o Domingo 27 de Decembro nun circuito urbano na Praza de Compostela e arredores con saída ás once da mañá.

Ficha del evento:
  • 27/12/2015
    Fecha de inicio
  • 11:00
    Hora de inicio
  • plaza compostela
    Lugar del evento

A Carreira do Pavo 2015 consta de dous circuitos distintos, un de 5km e outro de 10km. Esta proba forma parte do circuito Cidade de Vigo de Carreiras Populares.

Carreira do Pavo 2015 de Vigo este Domingo.

A inscrición da carreira tendrá como prazo limite o día 23 de decembro ás 24 horas. A entrega de dorsais con chip incluído tendrá lugar na Casa do Deporte da Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 o sSábado 26 de Decembro ou ata media hora antes de cada carreira na Secretaría da Competición, situada no «Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela. O servicio de duchas e consigna estarán situadas no Real Club Náutico.

Os premios serán os seguintes. Trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios para a carreira absoluta de 10 km: un pavo á gañadora absoluta e gañador absoluto, así como os premios en metálico da carreira masculina e feminina. (1º 300 €, 2º 150 € e 3º 100 €). Máis información en Correr en Galicia.

Circuíto do 54º Gran Premio Pedestre do Nadal, Carreira do Pavo 2015 de Vigo.
carreira do pavo 2015

Deja un comentario