A Asociación Cultural “Festa da Prehistoria” colabora con Mós na festa conmemorativa de Arde o pazo – Mós 1809. En 1809 o exército de Napoleón pasou por Mós. Hoxe celebramos unha festa para que aqueles acontecementos non caian no esquecemento. Arde o pazo é unha festa importante en Mós onde colaboran moitos veciños de Mós.

Como de costume viaxaremos no tempo ás terras dos Marqueses de Mós. Poderemos asistir ao mercado que se celebra no entorno do pazo, degustar as mellores viandas da Louriña e o viño “do país” mentres valoramos e mercamos o traballo dos artesáns.
Non faltará a música tradicional e outras actvidades destinadas ao divertimento dois máis pequenos. Pero haberá que estar atentos, o exército de Napoleón quere vingar a derrota sufrida recentemente na “Reconquista da Vila de Vigo” e non se sabe o que pode pasar.

¿Como foi a reconquista en Mós co exercito de Napoleón? Os datos históricos da festa Arde o pazo – Mós 1809.

PROGRAMACIÓN: Atentos que as actividades comezan o Domingo 6 de Abril e prosiguen o Sabado 12 de Abril. Máis información en: Arde o pazo – Mós 1809.

DOMINGO 6 DE ABRIL.

– Ás 10:00 h. ROTEIRO HISTÓRICO POLA TOPONIMIA DA PARROQUIA DE MÓS.
Con punto de saída no Pazo percorreremos parte da Parroquia de Sta. Baia de Mós. Pasaremos polos lugares que aínda hoxe en día seguen a falarnos da nosa historia. Descubriremos como vivian os mosenses de 1809.
E para finalizar o percorrido (12:30h. aprox.) temos a última sorpresa: o que queda da pedra fundacional da Parroquia e quen sabe si do propio pazo.

– Ás 16:30 h. ÚLTIMO ENSAIO XERAL.
– Ás 20:00 h. CHARLA – COLOQUIO do escritor e xornalista EDUARDO ROLLAND.

SÁBADO 12 DE ABRIL.

– Ás 10:00 OS MARQUESES DE MÓS INAUGURAN O MERCADO DE 1809.
– Ás 10:30 DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.
– Ás 11:00 Mestura tradicional da Agrupación “AS PEDRIÑAS”.
– Ás 12:00 REPRESENTACIÓN 1: Chegan as tropas francesas do Xeneral Maucune.
– Ás 13:30 h. Proclama do frade Francisco Giraldez, Comandante da Louriña.
– Ás 14:00h. XANTAR nas tabernas e furanchos do mercado.
– Ás 15:30 h. Animación de rúa.“TREBOADA DO BAIXO MIÑO”. VIRAVOLTA TÍTERES – O CEGO DOS MONIFATES.
– Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2: Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.
– Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.
– Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
– Ás 19:00 h. Obradoiro de BAILE FRANCÉS con Suso Monteira.
– Ás 21:30h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui. QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES DE MÓS.
– A partir das 22:30h. Concerto do grupo de música tradicional: PELEPAU

Máis información: Arde o pazo – Mós 1809.
arde o pazo de Mós

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Steve Dominguez
Redactor de QHV

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Autor:
Redactor de QHV
Publicado el: 30/03/2014

Destacado