Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 22/11/2016

A fadista portuguesa Ana Moura volve a Vigo para presentar o seu último disco, ‘Moura’, dentro da súa xira ‘On tour in Europe’. Será o vindeiro venres 25 de novembro no Auditorio Mar de Vigo.

Ficha del evento:
  • 25/11/2016
    Fecha de inicio
  • 21:00
    Hora de inicio
  • Mar de Vigo
    Lugar del evento

Ana Moura é a artista portuguesa cunha carrera más puxante na actualidade, con máis de 300.000 discos vendidos, máis dunha ducia de galardóns entre os que destacan dous Globos de Ouro, dos premois Amália e colaboracións con iconas da música como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock. É máis, Ana Moura participou o pasado día 13 de outubro no Tributo a Prince en Minneapolis, a única homenaxe aprobada pola familia do cantante, con quen a fadista portuguesa mantiña unha especial relación, tanto humana como musical. Ademais dela participaron outras estrelas como Stevie Wonder.

Non hai outra voz no fado coma a de Ana Moura. Unha voz que se pasea pola tradición libremente, sen deixar de flirtear elegantemente con outros xéneros, e ampliando dunha forma foi persoal o espectro do fado. Pero o que a distingue non é só un timbre grave e sensual como hai poucos, Ana Moura transforma instantaneamente en fado calquera melodía á que presta a súa voz. É uha chispa inmediata, unha explosión emocional dirixida implacablemente ao corazón do ouvinte.

‘Moura’

Agora está a presentar o seu sexto álbum, ‘Moura’ (Universal Music, 2015), que chegou a ser inmediatamente Disco de Ouro. Nel a artista incorpora grandes nomes da música portuguesa, como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo ou Sara Tavares. E tamén interpreta temas doutros músicos destacados, como Miguel Araújo ou Pedro da Silva (Deolinda).

Tamén participaron no disco Tim Palmer (que ten mesturado traballos de U2, The Cure ou Pearl Jam) ou Tchad Blak (The Black Keys, Arctic Monkeys ou U2). O traballo foi gravado nos Henson Recording Studios (Hollywood) onde gravaron artistas como Paul McCartney, The Rolling Stones, Alicia Keys, Bruce Springsteen, Aerosmith, The Beach Boys, John Lennon ou Madonna.

‘Moura’ sucede a ‘Desfado’ o disco máis vendido en Portugal dos últimos anos, con cinco discos de platino. ‘Desfado’ mantense no top de vendas en Portugal desde a data que saiu, hai máis de 150 semanas consecutivas.

Las entradas están a la venta desde 18€

1 thought on “Ana Moura, fado no Mar de Vigo

Deja un comentario