Imagen de perfil de Steve Dominguez
Autor: Steve Dominguez
Publicado el: 05/03/2014

Co gallo do “8 de marzo”, Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos na cidade baixo o lema ” Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto”.

Ficha del evento:
  • 07/03/2014
    Fecha de inicio
  • 10:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Actos organizados polo concello para o Sabado 8 de Marzo: Día da Muller Traballadora. Inclúen concertos, premios, charlas… e todo para a Muller.

Venres, 7 de Marzo ás 10:00. Pleno específico do Consello Municipal da Muller
9 representantes do Consello da Muller intervirán sobre a reforma da Lei do Aborto
Entrada libre ata completar aforo

Sábado, 8 de Marzo. Festa pola Igualdade na Praza da Constitución:
17 a 19:30 espazo lúdico para nenos e nenas.
21:00 Actuación musical a cargo do grupo Tanxedoras
22:00 Lectura manifesto
22:15 Actuación musical a cargo de Sés

Venres, 14 de marzo ás 22:00 no Hotel Coia.

Entrega do II Premio de Igualdade “Ernestina Otero” á xinecóloga Isabel Blanco Domínguez.

Más información en: Día Internacional das Mulleres.

Ademais en Valladares tamén ten programado actos polo día internacional das mulleres. As 18:00 da tarde no Auditorio do CVC de Valladares.

O acto principal será a homenaxe en recoñecemento a toda unha vida a unha muller da parroquia de Valladares.
A parte músico-folclórica corre a cargo de “Mulheres D´Arte” de Sâo Pedro da Cova e Jaime Vilas o acordeón.
Rematados estes actos, todas as asistentes poderán compartir uns momentos moi agradables, gozando da gran chocolatada.

Deja un comentario