Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 23/03/2013

A Asociación de Veciños Novo Vigo organiza unha festa familiar este sábado
– “Benvida Primavera” é a actividade que se realizará en sesións de mañá e tarde
– Xogos infantís, familiares, tradicionais, actividades,cuentacuentos, obradoiros, e teatro
– Concurso de disfraces para a elección do Rei e a Raíña da Primavera de Navia

Ficha del evento:
  • 23/03/2013
    Fecha de inicio
  • 12:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

A A. VV. Novo Vigo, de Navia, organiza ao longo deste sábado 23 de marzo, en sesións de mañá e tarde, unha serie de actividades gratuítas dirixidas aos máis novos do barrio, principalmente en idades entre 3 e 14 anos. Algunhas das actividades serán tamén familiares.

Ubicación:

A situación será, en vez de na habitual, na ampla praza entre os números 26 e 28 da rúa Teixugueiras, para achegar as actividades a outras zonas do barrio.

Actualizado (23/03/13) Pola tarde as actividades faranse nas instalacións de Alento (fronte o centro de Saude), debido a previsión meteorolóxica.

Xogos:

Entre os xogos a desenvolver durante toda a mañá, de 12 h a 14 h, encontrámonos con xogos como  pano, brilé, tiro de corda, viaxeiros ao tren, carreiras de tres pés, batalla de pinzas, etc. Tamén haberá uns obradoiros de modelado de Jumping Clay e outros de maquillaxe.

A tarde iniciarase ás 16 h con obradoiros primaverais, como facer flores e ornamentos alegres mediante reciclado de materiais e outros. Ás 17 h teremos” un contacontos a cargo do animador infantil ¿O Señor Gravata Torta?.

Ás 17:45h iniciarase o concurso de disfraces, con categorías de 3 a 6 anos, e maiores de 7 anos, con motivos alegres e primaverais que finalizará coa elección e coroación do Rei e a Raíña da Primavera deNavia 2013.

Ás 18:30 a actuación de Gangayi Theatre pechará a xornada cunha obra propia interactiva dirixida ao público infantil a partir de 4 anos e duns 50 minutos de duración. Esta obra de teatro está subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

¿E se chove?

Debido á previsión variable do tempo, se persistise a previsión de chuvias, ese mesmo día pola mañá comunicaríase a través deFacebook e da web da asociación www.avvnovovigo.org o lugar definitivo de desenvolvemento da actividade e as variacións no programa en caso de non se poder desenvolver algunha actividade por ser nun local ou recinto cuberto.

Deja un comentario