Yllana regresa á Universidade de Vigo transformada nun Action man. A compañía de teatro leva máis de 20 anos dedicada á comedia.

Yllana volve a subirse ao escenario do teatro da Cidade Universitaria de Vigo transformada nun Action man. A compañía de teatro madrileña homenaxea neste espectáculo á figura do súper axente a base de humor xestual, o xerme co que naceu Yllana hai máis de vinte anos.

O actor Raúl Cano (coñecido por series de televisión como La que se avecina, La tira ou La hora de José Mota) preséntase só neste espectáculo no que dá vida a diversos personaxes e situacións, empregando un gran dominio mímico e do seu corpo, cunha magnífica e precisa sonorización. O personaxe principal desta obra, un súper axente especial na súa última misión, vese inmerso nunha serie de situacións cómicas influenciadas polo mellor humor cinematográfico, televisivo e do cómic.

Esta non é a primeira vez que a compañía madrileña visita o escenario universitario. A Vicerreitoría de Extensión Universidade da Universidade de Vigo volve apostar na súa programación deste cuatrimestre por Yllana tendo en conta que se trata dunha das compañías de teatro cómico máis premiadas e máis recoñecidas polos seus espectáculos.

Action man

Data: 7 de novembro
Hora: 18.30 h // Entrada libre
Lugar: Teatro da Cidade Universitaria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 07/11/2013

quehacerenvigo.es

Destacado