A Leituga, teatro no Auditorio Municipal de Vigo

A Leituga, teatro no Auditorio Municipal de Vigo

Juan Carlos Nesta
18/10/2018

Emedous Emoción&Arte estará en función dobre con “A Leituga”, un espectáculo que conta como cabeza de cartel con Antonio Durán Morris, o noso actor vigués máis distinguido. Funcións o 19 e 20 de Outubro ás 21 horas.

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas. ¿Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?

A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes.

O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor.
A moral e a ética. A esperanza e a aceptación.

Os medos, as miserias, a procura da felicidade.

Unha obra en Galego para público adulto e cunha duración aproximada de 80 minutos. O prezo eé de 8€.

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.