Hoxe presentouse a oitava edición do Festival de Jazz de Vigo, o ImaxinaSons que terá lugar entre os días 21 o 30 de Xuño.

Satisfacer e sorprender. Eses son os dous obxectivos que quere acadar a oitava edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovida e organizada polo Concello de Vigo. Satisfacer os gustos e inquedanzas das audiencias do jazz que se dan cita na cidade e sorprender con propostas que baten -en sentido figurado- no espectador. Pola calidade, polo grao de innovación e pola capacidade de conexión cun público sempre ávido de emocións fortes. Imaxina Sons é un dos festivais de jazz máis prestixiosos da península. Dino os principais críticos de jazz e música contemporánea; tamén nolo di o público cada ano, que valora unha programación de jazz, europea, contemporánea e aberta.

O menú de cada edición procura recoller o dinamismo do jazz que se fai en Europa. Con especial atención á nosa contorna. Así o primeiro concerto do festival correrá a cargo de Luisa Sobral, estrela emerxente portuguesa cun disco que gaña ouvidos cada día: The Cherry on my Cake, e o peche vai a conta da Orquestra Voland, proxecto músicoliterario, ideado por Roberto Somoza e Quinito Mourelle, que nos propoñen Oito pezas europeas. Entre os dous concertos, unha figura de grande relevancia para entender os procesos vangardistas do jazz continental a partir dos anos oitenta: o pianista Joachim
Kühn. Tamén cunha proposta que inclúe a voz como instrumento para o jazz, o festival ten o pracer de contar con Dhafer Youssef quen, en formación de cuarteto, aterra en Imaxina Sons por vez primeira.

PROGRAMA

XOVES 21 DE XUÑO
22h. Concerto inaugural. Luisa Sobral. Terraza Auditorio Mar de Vigo
VENRES 22 DE XUÑO
21,00 h Rodrigo Amado Motion Trio +Paul Dunmall. Auditorio “Martín Códax” Conservatorio Superior
de Música
01,30 h Jazz na Noite. Xancarajazz
SÁBADO 23 DE XUÑO
Imaxina na Rúa. Escola A Tempo de Pontevedra. Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
21,00 h Iago Fernández. Agromando
Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música
01,30 h Jazz na Noite. Xancarajazz
DOMINGO 24 DE XUÑO
Imaxina na Rúa. Escola Municipal de Música da Coruña. Diferentes espazos da cidade en varios pases
horarios
21,00 h Pablo Martín Quintet
Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música
LUNS 25 DE XUÑO
20,30 h Germán Díaz. Método cardiofónico. Salón de actos do MARCO
23,00 h Jazz na Noite. Contrabajo
MARTES 26 DE XUÑO
20,30 h Suelen Estar Quartet. Salón de actos do MARCO
23,00 h Jazz na Noite. Contrabajo
MÉRCORES 27 DE XUÑO
20,30 h Daniel Levin. Salón de actos do MARCO
XOVES 28 DE XUÑO
Pasacalles. Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
VENRES 29 DE XUÑO
Pasacalles. Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
21,00 h Carles Santos+CaboSanRoque. Maquinofobiapianolera. Auditorio Municipal do Concello
23,00 h Dhafer Youssef. Praza da Constitución
01,30 h Jazz na Noite. Xancarajazz
SÁBADO 30 DE XUÑO
Pasacalles. Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
21,00 h Joachim Kühn / Majid Bekkas /Ramón López Trio Out of the Desert. Auditorio Municipal
do Concello
23,00 h Orquesta Voland. Praza da Constitución
01,30 h Jazz na Noite. Xancarajazz

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 12/06/2012

quehacerenvigo.es

Destacado